1. INICIO
  2. > Autores
  3. > XOSÉ ANTÓN FIDALGO
Avatar de XOSÉ ANTÓN FIDALGO

XOSÉ ANTÓN FIDALGO

1946
3 títulos
0 seguidores

Xosé Antón Fidalgo Santamariña, nado en Costoia (Sobrado) o 13 de xullo de 1946 e finado en Ourense o 18 de decembro de 2011, foi un antropólogo galego.

Licenciado en Filosofía e Letras e Teoloxía, doutorado pola Universidade Pontificia de Salamanca e diplomado en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Foi profesor de antropoloxía social da Universidade de Vigo e dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). 

Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS). Colaborou no Boletín Auriense. Finou en Ourense o 18 de decembro de 2011.

Libros de XOSÉ ANTÓN FIDALGO

O afiador
O afiador
Os saberes tradicionais dos galegos
Os saberes tradicionais dos galegos
Polas rutas do polbo e dos polbeiros tradicionais en Ourense
Polas rutas do polbo e dos polbeiros tradicionais en Ourense

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego