1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ BENITO REZA
Avatar de XOSÉ BENITO REZA

XOSÉ BENITO REZA

Celanova , 1956
5 títulos
0 seguidores

Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.

Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1980). Foi Director e promotor dos Parques Naturais Baixa Limia-Serra do Xurés e Invernadoiro (1995-1999) e Director Xeral de Conservación da Natureza (2005-2009) e como tal promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia (7/2008), e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. Promoveu a creación das reservas da biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e a internacional do “Gerés-Xurés”, así como o Catálogo de Especies Ameazadas de Galicia, e puxo en marcha o Comité de Árbores Monumentais de Galicia e o Observatorio Galego de la Biodiversidade.

Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez, e secretario do Grupo Histórico Arqueolóxico Larouco e da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Libros de XOSÉ BENITO REZA

Manuel Curros Enríquez. Xornalista, precursor, poeta civil. O gran rebelde
Manuel Curros Enríquez. Xornalista, precursor, poeta civil. O gran rebelde
Celanova
Celanova
Memorias do pedal
Memorias do pedal
Terradentro
Terradentro
UN CAMIÑO GALEGO NO CAMIÑO PORTUGUÉS
UN CAMIÑO GALEGO NO CAMIÑO PORTUGUÉS

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego