Miguel Louzao Outeiro (Orazo, A Estrada, 1974) é profesor de ensino secundario e pai. Colaborou con poemas e outros textos nas revistas «Boletín Galego de Literatura», «A Trabe de Ouro», «Dorna», «Olga», «Madrygal», «Tabeirós Terra de Montes», «Revista de
Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca» e «Tempos Novos», así como nos xornais «Vieiros», «Faro de Vigo» e «Praza Pública». Alén diso, co ensaio «Letras da Cal na produción poética galega dos 90» (2006) recibiu o XIV Premio Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria.
e descubre todas as novidades do libro en galego