1. INICIO
  2. > Libros
  3. > PACTO DE SILENCIO
PACTO DE SILENCIO

PACTO DE SILENCIO

Ana Viéitez
0 veces listado

Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia.…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Data publicación
2026-05-21
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0817-1
EAN
9788411108171
Avatar

Ana Viéitez

Ver autor
Ana Viéitez (Arbo, 1998) é graduada en Criminoloxía e amante das historias, dos crimes e dos grupos de amigos problemáticos dende que abriu o seu primeiro libro de Enid Blyton cando apenas aprendera a ler. No seu tempo libre, acumula libros por riba das súas posibilidades, le todos os que pode, fala deles na súa conta de Instagram «toxinho_books» e tamén os escribe acompañada do seu gato Fermín. Outra das súas paixóns é a natureza, así que poderás atopala paseando polo monte coas súas cadelas, desfrutando das vistas ou anotando a mellor forma de deixar un cadáver nunha carballeira. «Pacto de silencio» (Xerais, 2026) é a súa primeira obra publicada.
Fotografía da autora: Samuel Suárez.
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Despois de varios días de lecturas rematei esta fin de semana Pacto de silencio de Ana Viéitez, unha novela publicada por Xerais e que sairá esta semana á venda pero que tiveron a ben agasallarme para a súa lectura. En Pacto de silencio atopamos un thriller deses que nos enganchan desde as primeiras páxinas e no que imos buscando entre os diferentes personaxes o candidato a culpable dos crimes. Hai nove anos, un home apareceu morto e, como consecuencia, Aloia acabou no cárcere acusada do homicidio. Álex saíua impune daquela, algúns outros implicados no Caso Compostela xa foron saíndo no cárcere e para Sofía, Xiana, Irene e Iago urxe investigar a relación dese crime coa cruel morte de Álex recentemente. Teñen medo pola seguridade de Aloia e pola do resto dos membros deste grupo. Sofía, que é xornalista, busca resolver este crime empregando calquera medio dispoñible pero conta coa desconfianza da inspectora que non llo ha poñer nada fácil. Os diferentes narradores vannos dando múltiples perspectivas que, capítulo a capítulo, non nos permiten pousar a novela. Os capítulos son breves e os diálogos áxiles e ben construídos, algo que axuda moito ao ritmo. Diría que o único que botei en falta nalgún momento foi unha listaxe de personaxes a fin de evitar ter que volver atrás na historia pero, polo demais, esta é unha novela clásica de investigación, na que o lector se ve completamente atrapado e a resolución final resulta inesperada (ou polo menos así foi no meu caso). O personaxe que máis me gustou? Desde logo Fita, unha muller do máis interesante e que é a única que consegue ver á Sofía real que loita pola súa amiga Aloia e coa que se establece unha bonita relación. Dá gusto ler obras debut coma esta que nos fan esperar moitas cousas boas da autora para un futuro!

Outros libros de Ana Viéitez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego