Desde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai vanse abrindo camiño nunha viaxe compartida como un xogo serio que moldea as súas vidas. «Pai»…
Velaquí un libro cheo de reflexións interesantes e honestas sobre a experiencia da paternidade e a crianza. Se ben na primeira parte do libro os poemas son moi "literais" e rozan máis o diario persoal que o xénero lírico, na segunda atopamos pequenos fragmentos de conversas posibles e vivencias condensadas en fotos fixas nas que o libro cobra o seu verdadeiro pulo poético.
e descubre todas as novidades do libro en galego