Victoria Pinal (Pontevedra, 1985) é licenciada en Xornalismo e mestra de Educación Primaria. Cursou un mestrado en Sociedades Históricas e Formas Políticas en Europa na Universitat Rovira i Virgili. Tamén traballou como redactora e maquetadora en varios
xornais. Actualmente dedícase á docencia na escola pública. É autora de dous libros infantís: «As formiguiñas filandeiras» (2021) e «Un segredo entre as nubes» (2023). Participa nos clubs de escritura organizados por Xosé Monteagudo, onde xurdiron os relatos que se reúnen neste volume. «Tiña eu razón» (Xerais, 2026) é o seu primeiro libro para público adulto.
e descubre todas as novidades do libro en galego