Unha muller nova que un día deixa de ver partes do corpo doutras persoas, unha misteriosa sombra no mar, unha aldea onde os habitantes parecen tolear, un neno que empeza a moverse cada vez máis lento, unha insistente vendedora de seguros, un insufrible proído na cabeza... Estas son algunhas das…
Gran estrea nese xénero tan noso como é a narrativa breve por medio de historias non só ben escritas senón tamén ben configuradas tematica e narrativamente.
Hai tempo que non leu un libro que me sorprenda tanto como este Tiña eu razón de Victoria Pinal recentemente publicado por Xerais. Cada un destes relatos parte dunha situación coa que facilmente podemos identificarnos pero despois moitos deles teñen unha deriva que improbable ou máis ben imposible que nos encolle o corazón. O inesperado agroma entre as páxinas e trae á superficie moitos dos nosos medos máis básicos e primarios. As pantasmas, as dimensións paralelas, os seres que non todos poden ver, os nosos medos máis fondos aparecen para deixarnos co sangue arrefriado. Encantáronme Unha cinta de estrelas, Burbullas de Rande e, sobre todo Ortografía oral. En realidade, todos eles son moi bos e o mellor é o diferentes que son entre si. Non se me ocorre ningunha obra similar (salvo quizais algunha de Agustín Fernández Paz) no panorama actual e é un gusto poder ler unha obra así. Concordo con todos cantos louvaron este libro e non dubidarei en recomendalo. Iso si, o que non sei se lle poderei perdoar á autora é o feito de que cando pase pola ponte de Rande, teña pruído na cabeza ou oia ruídos que os demais non poden oír, se cadra non serei capaz de acalar eses medos facilmente despois de ler estes contos. Unha gran primeira obra da autora. Estou desexando lerlle a próxima!
e descubre todas as novidades do libro en galego