1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > XURXO BORRAZÁS
Avatar de XURXO BORRAZÁS

XURXO BORRAZÁS

1 títulos
0 seguidoras
Xurxo Borrazás (Carballo, 1963), licenciado enFiloloxía Xermánica pola Universidade de Santiago, é profesor de inglés nun centro de ensino secundario en Vigo, cidade na que reside desde 1990. Traductor de textos de carácter cientifico divulgativo e colaborador de diversos medios de comunicación, é membro do Consello editorial da colección Abismos de Edicións Xerais de Galicia.
Como narrador publicou as novelas Cabeza de Chorlito (1991), Criminal (1994), Premio da Crítica española 1995 e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente; Eu é (1996); Na maleta (2000), premio Losada Diéguez. Publicou o volume de relatos Contos malvados (Xerais 1998) e incluíu os seus relatos "Pancho, o tranquilo" en Longa lingua (Xerais 2002) e "Pena de Ancares" en Materia prima (Xerais 2002). Ademais publicou dous volumes de narracións inclasificables O desintegrista (Xerais 1999) e Pensamentos impuros (Xerais 2002).

Libros de XURXO BORRAZÁS

Longa lingua
Longa lingua

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego