1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > LOIS DIÉGUEZ
Avatar de LOIS DIÉGUEZ

LOIS DIÉGUEZ

1 títulos
0 seguidoras
Lois Diéguez, Monforte de Lemos, 1944. Narrador, poeta e ensaísta cunha longa militancia de compromiso con Galicia, estudou bacharelato na súa cidade natal e fíxose enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerce na actualidade no Concello de Lugo. Colabora habitualmente en revistas e xornais da nosa terra así como en diversos proxectos socio-culturais.
Foi deputado polo BNG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego. En narrativa publicou ``A Torre de Babel´´ (1968), ``O tempo sen saída´´ (1972), ``Galou Z-28´´ (1976), ``A canción do vagabundo´´ (1986), ``Artusa´´ (1989), ``Monólogos do espello´´ (1993), ``Tres sombras góticas e unha rosa´´ (1995), ``Henriqueta na galería´´ (1997), ``Viaxe ás terras encantadas de Lemos´´ (1999) e ``A casa de Galiaz´´ (2003).
É tamén autor dos poemarios Albre de esperanza, Cancións para un agromar branco e azul, O ferro dos días e Onfalos. Entre os premios que recibiu figuran os dos Xogos Florais de Monforte de Lemos e o Colexio Minerva de Santiago, e os de novela da Casa de Galicia de Bilbao (1975) por ``Galou Z-28´´ e Blanco Amor de 1986 por ``A canción do vagamundo´´.

Libros de LOIS DIÉGUEZ

Longa lingua
Longa lingua

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego