1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ LUIS AXEITOS AGRELO
Avatar de XOSÉ LUIS AXEITOS AGRELO

XOSÉ LUIS AXEITOS AGRELO

Rianxo , 1945
11 títulos
0 seguidores

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asadelos (Asados, Rianxo) o 1 de xaneiro de 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor José Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.

No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004, sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.

Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.

Libros de XOSÉ LUIS AXEITOS AGRELO

Manuel Antonio obra completa poesía
Manuel Antonio obra completa poesía
A boda da literatura (memoria, ecoloxía e lingua)
A boda da literatura (memoria, ecoloxía e lingua)
Manuel Murguía. Vida e obra
Manuel Murguía. Vida e obra
Manuel Antonio
Manuel Antonio
Antoloxía de poesía galega erótica e amatoria
Antoloxía de poesía galega erótica e amatoria
O exilio galego
O exilio galego
Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela
Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela
Aproximacións a Manoel Antonio
Aproximacións a Manoel Antonio
Manuel Murguía (1833-1923)
Manuel Murguía (1833-1923)
Lorenzo Varela (1916-1978)
Lorenzo Varela (1916-1978)
Patria Enteira: Homenaxe A Xose Ramon Barreiro Fernandez
Patria Enteira: Homenaxe A Xose Ramon Barreiro Fernandez

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego