1. INICIO
  2. Autores
  3. LUZ MÉNDEZ FERNÁNDEZ
Avatar de LUZ MÉNDEZ FERNÁNDEZ

LUZ MÉNDEZ FERNÁNDEZ

Agolada , 1965
5 títulos
0 seguidores

María Luz Méndez Fernández, nada en Ventosa (Agolada) en 1965, é asesora lingüística na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e académica correspondente da Real Academia Galega.

Na TVG, ademais do seu traballo de asesoramento lingüístico, dirixiu o programa divulgativo sobre a lingua galega Cazador de palabras. Especializouse en onomástica, sobre a cal publicou diversos artigos en revistas de ámbito nacional e internacional e máis os seus libros ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos nosos nomes de lugar e Toponimia de Agolada. Tamén forma parte do International Council of Onomastics Sciences e é membro fundador da Asociación Galega de Onomástica.

Foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega no plenario reunido na sesión ordinaria do 22 de xuño de 2012.

Libros de LUZ MÉNDEZ FERNÁNDEZ

Toponimia de Tordoia
Toponimia de Tordoia
Toponimia de Agolada
Toponimia de Agolada
Vouvos papar
Vouvos papar
¿Por qué se chama así este sitio?
¿Por qué se chama así este sitio?
O tombo das viñas de Ribadavia. Estudo historico e linguis
O tombo das viñas de Ribadavia. Estudo historico e linguis

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego