Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
May R Ayamonte (Ayamonte, 1996) é graduada en Estudos Ingleses e posúe dous másters, un en Ensinanza e outro en Literatura con Perspectiva de Xénero. Actualmente, reside en Granada e dedícase a impartir charlas para o fomento da lectura en colexios e institutos, tarefa que compaxina coa docencia en escritura creativa e a actividade literaria. Ata o de agora, publicou catorce novelas. O miaño da marisma é a súa última novela, gañadora do Premio Edebé Xuvenil.