Ilustrador e escritor infantil. Naceu en Sevilla en 1971. É licenciado en Deseño Publicitario, cursou estudos de deseño e ilustración en Yale College (Reino Unido). Así mesmo, é licenciado en Ilustración Infantil en North Wales of Art and Design de Reino
Unido. Colabora co proxecto «Escribir e Ilustrar libros infantís» da Editorial Quarto Books en Londres xunto ao departamento de ilustración do N.W.A.D. Expón ilustración infantil en Plas Coch Center Norte de Gales. Así como colectivamente en New Designers Londres. Realizou exposicións e talleres infantís de ilustración na Fundación Pons Madrid e actualmente imparte clases de Álbum Ilustrado na Escola Superior de Debuxo de Madrid.
e descubre todas as novidades do libro en galego