1. INICIO
  2. Autores
  3. MATILDE FELPETO LAGOA
Avatar de MATILDE FELPETO LAGOA

MATILDE FELPETO LAGOA

Ares , 1947
4 títulos
0 seguidores

Matilde Felpeto Lagoa, nada na Queira (Cervás, Ares) en novembro de 1947, é unha escritora galega especializada en libros de gastronomía.

Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), en Madrid. Encargada da redacción dos primeiros catálogos de libros escritos en galego publicados polo INLE. Pide a excedencia como funcionaria para dedicarse ó ensino. Exerceu como profesora de bacharelato e impartiu clases de Lingua e Literatura Españolas en cidades como Madrid, Ponteareas e Vigo.

Estudosa da gastronomía tradicional e popular galega. Como autora, tense dedicado ao estudo e investigación sobre a tradición gastronómica galega. É autora de varios volumes de libros de culinaria nos que se ocupa de localizar as receitas e os ingredientes que as compoñen na historia e na tradición e tamén como foi a súa evolución, tanto por razóns históricas como tecnolóxicas. Escribe en galego e en castelán.

Libros de MATILDE FELPETO LAGOA

COCIÑA GALEGA TRADICIONAL
COCIÑA GALEGA TRADICIONAL
O polbo e a súa cociña
O polbo e a súa cociña
Doces e lambetadas. Receitas con historia
Doces e lambetadas. Receitas con historia
Cociñar con albariño
Cociñar con albariño

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego