(2,5 / 5) Que decepción de lectura. Esperaba unha cousa bastante máis diferente. Mary é unha protagonista aburrida e non debería haber problema en que fose aburrida, pero cando pasas a meirande parte do libro lendo o seu monólogo interno, as súas impresións, etc. faise moi pesado e acabei aborrecéndoa máis que compadecéndoa. Mary, estamos (creo) en 1920, non en 1820, un pouquichiño de axencia como muller xa has de ter. Espabila. Robert pareceume tamén unha personaxe deplorable. Demostrou unha conexión intelectual e sentimental con Mary para que, na seguinte páxina, diga que vai casar coa Kathy. Desculpa? Pola cara total. Viu unha cara bonitiña e perdeu o cu. Amais, que foi esa escena final na que proclamou o moito que amaba a Mary após de pasar non sei cantos anos casado con Kathy? Pouco se enfadou a Kathy, eu collíao dos pelos e limpaba o chan con el ata que quedase impoluto. Non sei, polo xeral sentín que as relacións estaban escritas dunha maneira que eu nunca cheguei a entender de todo e quedei bastante a desgusto. É un libro no que non acontece case nada de interese e as personaxes non son suficientes por si soas para sostelo. Unha mágoa.
e descubre todas as novidades do libro en galego