R/ Daniel García Ramos, 1, 1º A. 15706, Santiago de Compostela
Irmás Cartoné é unha editorial independente creada en Santiago de Compostela en 2014 por Carlos Valdés e Celia Recarey e dedicada á tradución ao galego de obras clásicas da literatura universal.
As Irmás Cartoné cremos no libro de fondo, nas obras que perduran no tempo, na edición demorada e coidadosa e, sobre todo, na literatura.
O noso obxectivo non é a produción en masa de títulos que copen as mesas de novidades, senón a creación de libros que pervivan nos andeis das lectoras e lectores. Cremos en producir a ritmos humanos, en gozar de cada paso do proceso e dedicarlle o tempo preciso a cada tradución, a cada cuberta, a cada libro e a cada caderno.
e descubre todas as novidades do libro en galego