Kathleen Bowden Murray, de solteira Kathleen Beauchamp, nada en Wellington (Nova Zelandia) o 14 de outubro de 1888 e finada en Fontainebleau (Francia) o 9 de xaneiro de 1923, foi unha escritora modernista neozelandesa coñecida co pseudónimo de Katherine Mansfield.
Aos dezanove anos abandonou Nova Zelandia e estableceuse en Inglaterra, onde trabou amizade con escritores como D.H. Lawrence e Virginia Woolf. En 1917 foi diagnosticada con tuberculose extrapulmonar, que a levou á morte aos 34 anos.
e descubre todas as novidades do libro en galego