1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > XÁN LÓPEZ DOMINGUEZ
Avatar de XÁN LÓPEZ DOMINGUEZ

XÁN LÓPEZ DOMINGUEZ

1 títulos
0 seguidoras
XAN LÓPEZ DOMÍNGUEZ naceu en Lugo en 1957. É licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela. No plano profesional, combina as súas tres paixóns: a escritura, o deseño e a ilustración de literatura infantil. Na súa dilatada carreira ilustrou máis de trescentos libros para editoriais nacionais e estranxeiras. A súa obra foi merecedora de diferentes premios como o CCEI ao mellor ilustrador, tamén mellor ilustrador da Feira do Libro infantil de Boloña, ademais foi seleccionado pola prestixiosa lista White Ravens da Biblioteca de Múnic. Tamén recibiu o recoñecemento da Fundación Germán Sánchez Ruipérez especialista en literatura infantil e foi seleccionado polo IBBY como candidato aos premios Andersen e Astrid Lingdren.

Libros de XÁN LÓPEZ DOMINGUEZ

Viaxe a Dragonia
Viaxe a Dragonia

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego