Claudio Rodríguez Fer. Poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta lucense de moi longa traxectoria humanista. Reuniu a súa poesía en Amores e clamores e a súa narrativa en Contos e descontos, ademais de cultivar a poesía visual e obxectual en Cinepoemas e
Corpoética. Moi traducido e premiado dentro e fóra de Galicia, o seu poema «A cabeleira» publicouse en setenta linguas dos cinco continentes da Terra. Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor visitante en Universidades de Nova York, París e Bretaña (onde é Doutor Honoris Causa). Coordina os cadernos Unión Libre e é autor de ensaios e edicións sobre Dostoievski, Tolstói, Verne, Antonio Machado, Borges e moi numerosos autores galegos, especialmente lucenses, como Pimentel, Ángel Johán, Fole ou Cunqueiro.
e descubre todas as novidades do libro en galego