Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos –que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva– ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos…
Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos –que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva– ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos despois, era tempo de regresar a esta gran creación de Claudio Rodríguez Fer, que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas. É un Lugo fondamente emocional e vital, un Lugo sentido como refuxio, mais tamén un Lugo dende o que trazar a medida do mundo. E, por riba de todo, achéganos a memoria histórica dunha cidade onde comparecen Pimentel, Lorca, Fole, Ángel Johán, Juana Capdevielle, Urania Mella, o doutor Vega Barrera ou Díaz Baliño, entre moitos outros daquela tribo dos vencidos, mais nunca derrotados.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Claudio Rodríguez Fer. Poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta lucense de moi longa traxectoria humanista. Reuniu a súa poesía en Amores e clamores e a súa narrativa en Contos e descontos, ademais de cultivar a poesía visual e obxectual en Cinepoemas e Corpoética. Moi traducido e premiado dentro e fóra de Galicia, o seu poema «A cabeleira» publicouse en setenta linguas dos cinco continentes da Terra. Dirixe a Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor visitante en Universidades de Nova York, París e Bretaña (onde é Doutor Honoris Causa). Coordina os cadernos Unión Libre e é autor de ensaios e edicións sobre Dostoievski, Tolstói, Verne, Antonio Machado, Borges e moi numerosos autores galegos, especialmente lucenses, como Pimentel, Ángel Johán, Fole ou Cunqueiro.