Manuel Garrido Rivero (Segovia, 1964) é historiador e peregrino. Desde 1996 traballa na S. A. de Xestión do Plan Xacobeo (Xunta de Galicia). É autor de libros e artigos relacionados co Camiño de Santiago como «Guía práctica do Camiño Portugués. De Ponte de
Lima a Santiago» (2004); «A Ribeira Sacra. Guía práctica» (2008); «Guía de Padrón» (2019) e «El Camino de Santiago: doce siglos de historia» (2023). Tamén é coautor de «Paseniño pola Vía da Prata. O Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense» (2025). Participou na redacción da «Gran Enciclopedia del Camino de Santiago. Diccionario de la cultura jacobea» (2010 e foi directivo da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS). Tamén impartiu a materia Antropoloxía e o Camiño de Santiago no máster sobre o Camiño de Santiago da Universidad Pontificia de Salamanca.
e descubre todas as novidades do libro en galego