1. INICIO
  2. > Libros
  3. > CANDO LEO
CANDO LEO

CANDO LEO

Eva Mejuto
0 veces listado
Todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos
levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible.

Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos
para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para
transformar o mundo.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0073-1
EAN
9788411100731
Formato
TAPA DURA
Avatar

Eva Mejuto

Ver autor

Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.

Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
3 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Carme Fouces
5

Marabilla

Avatar
Ana Arias Castro
5

Eu sempre recomendo Como unha novela de Pennac como obra de defensa da lectura e que debulla os beneficios que supón nas nosas vidas. Este libro que traio hoxe, Cando leo de Eva Mejuto e Bea Gregores, é unha defensa da lectura similar pero adecuada para a nenas e nenos que comezan a adquirir o hábito lector. Cando leo é un álbum ilustrado con grandes imaxes a dobre páxina que desenvolve como os libros enriquecen as nosas vidas: fan posible o imposible, permítennos ser máis libres, vivir outras vidas e habitar outros mundos. Os nosos problemas, por moi graves que sexan, sono menos, e podemos ser nós mesmos cando lemos. Máis aló das súas páxinas, esta pode ser unha obra adecuada para iniciar unha conversa agora a principios de curso sobre o que é a lectura nas nosas vidas, pois é nas idades para as que está pensado este libro, cando centros escolares e familias poden intervir no establecemento deste hábito que nos cambiou a vida a moitas. Necesitamos máis libros así!

Outros libros de Eva Mejuto

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego