O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida,
Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.
Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.
A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.
e descubre todas as novidades do libro en galego