Ivana Gómez Abuín (lucense de nacemento e «venidera» en Sada). Mestra de Educación Primaria, mediadora de lectura e buscadora de historias. Formada tamén en Enxeñaría Agrícola e Topografía, aprendeu a cartografar mapas que agora a levan a tesouros
perdidos. Imparte formacións ao profesorado, familias e crianzas, e colabora con editoras como asesora e elaborando material didáctico. Tamén divulga sobre literatura infantil na súa conta de Instagram @libros_e_libros e participa en charlas e diversos proxectos relacionados coa mediación lectora. «A Banda da Albóndega e o segredo afundido de Areleira», Premio Merlín de Literatura Infantil 2026, é a súa primeira obra publicada. En memoria de Ringo, o xefe da banda.
e descubre todas as novidades do libro en galego