Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña.
Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde realizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters). Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos. Nos últimos anos, desde que vivo en Galicia, realicei varios contos ilustrados, O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, A manchas ou a raias?, Leopoldo, o pequeno monstro, Que mal día, gato Klops!, A miña cadeliña, María Pita e o Pirata o valor dunha heroína, A pantasma do castelo, Porlier e a súa loita pola liberdade, O reino de Libeliño, A Egua de Breogán e a súa primeira novela Memoria de sombra y bosque foron publicados por Hércules de Ediciones.
e descubre todas as novidades do libro en galego