SILVIA FERNÁNDEZ RECOUSO (Pontevedra, 1997), coñecida en redes como Sylfere, é unha creadora que transita entre a ilustración, o videoxogo e a banda deseñada. Formouse en Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son e graduouse en Desenvolvemento 3D,
Animación e Videoxogos na Universidade da Coruña. Forma parte do estudio galego Under Castle, onde contribuiu á creación do videoxogo Gelatina ten fame, recoñecido, entre outros galardóns, co premio á Mellor Arte nos OUFF 2024. O mar que me levou é a súa primeira obra de banda deseñada publicada, unha primeira incursión que reflicte a súa paixón por contar historias a través das viñetas.
e descubre todas as novidades do libro en galego