Sel, un mozo de 16 anos, vese obrigado a pasar o verán na pequena vila do seu avó Tito, un desaborido mariñeiro retirado a quen apenas coñece, xa que a súa nai nunca fala del. Alí, entre o aburrimento e a sensación de non encaixar, reencóntrase con Noa, a súa amiga da infancia. Xuntos descobren unha…
📚Caeu nas miñas mans O mar que me leou, un libro de banda deseñada de Silvia Fernández Recouso publicado en Galaxia no que atopamos a Sel, un rapaz de 16 anos que súa nai ten que deixar no verán na casa do avó. Sel comeza a convivir con este home descoñecido co que a convivencia parece ser xusto o contrario do que atopa na súa casa, déixalle vivir case sen normas pero está sempre presente. Esta estadía permítelle descubrir que non sempre as persoas son como aparentan e que detrás desa imaxe distante o avó esconde unha persoa envolta no silencio pero con sentimentos que só o mar pode recoller. Unha obra para público adolescente, cunhas ilustracións preciosas e moi fácil de ler. Nela podemos ver a incomunicación dentro da familia e o difícil que resulta ás veces abrirse aos demais. Gustoume moito e pode ser un gran libro para quen queira historias sentidas, que dean que pensar pero sen ter textos moi longos. É un deses libros que animan á lectura!
e descubre todas as novidades do libro en galego