A colección Dombate incorpora ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a escritura afastándose da corrección e a mesura para se achegar aos lindes na que a expresión abeira o silencio como parte do texto.
Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.
Participou na creación da Asociación Cultural Catavento de Noia (1983) e da revista artesanal Carabela de Xiada (Noia, 1983). Entre 1985 e 1989 foi actriz de dobraxe. En 1988 realiza con Chema Gagino o programa de humor A Viborona en RNE-Radio Catro. En 1989 incorpórase á Radio Galega. Desde 1990 ata xullo de 2018 dirixe nesta emisora o programa Diario Cultural, de emisión diaria. Desde este programa promoveuse o libro-CD Narradio. 56 historias no ar, e desde o ano 2007 o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, entre outras iniciativas de fomento da experimentación de formatos na radio pública. Romaní mostrouse sempre clara defensora dun modelo de radio pública e galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego