Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Barroux naceu en Francia. Estudou deseño gráfico na escola Maximilien Vox, un ano de arquitectura na escola Boule e logo cursos de deseño gráfico na escola Estienne de París. Durante dez anos, foi director artístico de varias axencias de publicidade. En 1996 deixou Francia cara ao Canadá. Ilustrador a tempo completo, colaborou en diversas publicacións canadenses e americanas. En 2000 trasladouse a Nova York e, en xaneiro de 2003, volveu a Francia. As súas ilustracións están gravadas a man en linograbado e logo pintorladas en acrílico.