Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Xornalista e escritora, ocupou varios cargos de responsabilidade no Concello de Vigo, foi deputada no Parlamento galego e no español, dirixiu as delegacións da Xunta na Arxentina e O Uruguai (2007-2009) e creou o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. Adxunta á Valedora do Pobo (2019-2026), publicou ensaio, biografías e narrativa, e entre as súas obras destacan Covardes (2001), Sándalo (Galaxia, 2019), Tabiba (2023) e As benfaladas (Galaxia, 2024), entre outras.