1. INICIO
  2. > Autoras
  3. > JOHN BERGER
Avatar de JOHN BERGER

JOHN BERGER

1 títulos
0 seguidoras
(Londres, 1926 - Antony, Francia, 2017) Escritor, crítico de arte e pintor. É considerado como un dos intelectuais europeos máis lúcidos e transversais da segunda metade do século XX. A súa formación como pintor marcou a súa filosofía vital. Mirar non era un acto pasivo, senón a primeira forma de coñecer e rebelarse. A súa obra escapa ás etiquetas, abranguendo novela, poesía, ensaio, o guión cinematográfico ou a crítica de arte. Foi galardoado en 1972 co Premio Booker pola súa novela "G". Doou o importe íntegro ao movemento revolucionario dos Black Panthers.Nos anos 70, canso dos elitistas círculos intelectuais de Londres, decidiu trasladarse a unha pequena aldea da Alta Savoia, Francia. Unha decisión que resultaría fundamental para a creación das súas obras máis destacadas sobre temas como o mundo rural, as migracións, o paso do tempo e a dignidade dos marxinados.

Libros de JOHN BERGER

Maneiras de ollar
Maneiras de ollar

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego