1. INICIO
  2. Autores
  3. XURXO ALONSO
Avatar de XURXO ALONSO

XURXO ALONSO

Buenos Aires , 1956
8 títulos
0 seguidores

Xurxo Alonso García, nado en Buenos Aires o 17 de maio de 1956, é un pintor e escritor galego.

Aínda que nado en Suramérica é galego por ascendencia familiar e porque desde os oito anos reside en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente segue outros camiños xa que consegue a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, se ben a súa paixón pola pintura imponse. Empezou o oficio na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e continuou nos talleres de arte actual de Madrid, cerca de pintores tan singulares como Guinovart e Alcorlo; en Donostia, con Bonifacio Alonso e novamente en Madrid con McLean. Recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra na IX Bienal Internacional de Arte e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.

As súas primeiras exposicións tiveron lugar en 1983 na súa cidade natal. As individuais repártense por toda Galiza, España e México, participando en numerosas colectivas, nalgunhas das cales obtivo importantes premios, desde o II Certame de artistas noveis, en Vigo, en 1983, a outros en diferentes cidades de Galiza e de España. Posúen obras súas no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, os museos de Burgos, Sada etc, así como deputacións e concellos de moitas cidades españolas.

Xurxo Alonso é, fundamentalmente un paisaxista, de condición intensamente abstractiva e modos que se inician no construtivismo conceptual, que ás veces o emparentan con Molezún ou con Jorge Castillo. A xeografía urbana de Nova York tivo na súa pintura unha influencia considerable. Os volomes concisos, que o simplifica aínda máis, constitúen a referencia, en azuis, rosas, grises para unha expresión deliberadamente elemental. Ás veces emprega gamas neutras e as referencias dilúense ou perden para entregar unha mancha recia, de pincelada ancha, en negros e ocres nos que emerxe un azul moi lírico para insinuarnos a heteroxeneidade dunha megalópole e a vaga referencia dunha natureza de estrutura horizontal moi firme en amplos planos.

Adoita a asinar os seus lenzos coa sinatura XurXo ALoNso.

Libros de XURXO ALONSO

As vaidosas agonías
As vaidosas agonías
ACTAS DA SOSPEITA
ACTAS DA SOSPEITA
NO INTERIOR DO VENTO
NO INTERIOR DO VENTO
CARTAS DA FRONTEIRA
CARTAS DA FRONTEIRA
ORACIÓNS PROFANAS
ORACIÓNS PROFANAS
EN LUZ ESCRITA
EN LUZ ESCRITA
CARTAS DE CONXO
CARTAS DE CONXO
HORA DE PENUMBRA
HORA DE PENUMBRA

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego