1. INICIO
  2. Autores
  3. GUILLERMO LLORCA FREIRE
Avatar de GUILLERMO LLORCA FREIRE

GUILLERMO LLORCA FREIRE

Ferrol , 1950
9 títulos
0 seguidores

Guillermo Llorca Freire, nado en Ferrol o 28 de marzo de 1950, é un historiador e escritor galego, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Sofía Casanova de Ferrol ata o ano 2011 no que se xubilou.

Como historiador ten unha extensa obra de investigación e divulgación, amplamente publicada en libros, revistas e xornais. Ten feito tamén achegas á didáctica da Xeografía e da Historia, en diversas publicacións e como conferenciante. Un gran número de artigos ilustran nos xornais a súa vocación de xornalista. Destaca a súa gran dedicación á historia de Ferrol. No campo do audiovisual foi director e guionista de varios vídeos didácticos, premiados en diversos certames. A súa obra no eido da literatura está representada por libros de relatos. Formou parte dos consellos de redacción das revistas Concepción Arenal. Ciencias y Humanidades, Ferrol Análisis e Deceme. Revista de Historia e Ciencias Sociais.

Entre a súa extensa obra pódense destacar colaboracións na Gran Enciclopedia Gallega en temas de Historia e temas relativos a persoeiros ferroláns. Ten publicado artigos nos xornais Ferrol Diario, Norte de Galicia, La Voz de Galicia, Diario 16 e Diario de Ferrol. Investigacións súas teñen aparecido nas revistas Cuadernos do Ateneo Ferrolán, Galicia 10, Ingenium, Ferrol Análisis e Concepción Arenal.

Entre os seus libros, sobre cuestións históricas pódense citar: Ferroláns, Ferroláns en Cuba, Historia da prensa ferrolá, Los partidos políticos en Ferrol durante la II república. No eido literario publicou: Relatos para ver mundo, O túnel da Malata e outros relatos do tren.

Foi membro fundador e directivo do Ateneo Ferrolán, sendo presidente entre os anos 1987-1989.

Libros de GUILLERMO LLORCA FREIRE

Historia da prensa ferrolá
Historia da prensa ferrolá
CENTENARIO DAS ESCOLAS DE INSTRUCCIÓN DOS 'NATURALES DEL AYUNTAMIENTO DE FENE'
CENTENARIO DAS ESCOLAS DE INSTRUCCIÓN DOS 'NATURALES DEL AYUNTAMIENTO DE FENE'
MEMORIA HISTORICA DAS VILAS DA GRAÑA. DA CABANA, BRION E SAN FELIPE
MEMORIA HISTORICA DAS VILAS DA GRAÑA. DA CABANA, BRION E SAN FELIPE
Memoria histórica do barrio de Esteiro
Memoria histórica do barrio de Esteiro
Ferroláns
Ferroláns
Memoria histórica do Ferrol de entre o mar e as murallas
Memoria histórica do Ferrol de entre o mar e as murallas
Memoria histórica do barrio de Canido
Memoria histórica do barrio de Canido
MEMORIA HISTORICA DO BARRIO DA MAGDALENA
MEMORIA HISTORICA DO BARRIO DA MAGDALENA
Memoria histórica do Ferrol de fóra de portas
Memoria histórica do Ferrol de fóra de portas

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego