1. INICIO
  2. Autores
  3. MANUEL DARRIBA
Avatar de MANUEL DARRIBA

MANUEL DARRIBA

Sarria , 1973
15 títulos
0 seguidores

Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. 

Traballou como xornalista, dirixiu revistas técnicas e dende 2011 dedícase á escritura creativa. Recibiu premios como o González Garcés de poesía, o Lueiro Rey de novela curta ou o Fernández del Riego de xornalismo literario, entre outros. Escribe guións para programas e series de televisión («Land Róber», «Malo será!», «O Faro», «Serramoura»...). 

Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil «Paf Xarope», á que seguiron títulos como «Velada do billarista» (2001), «Accidental» (2003), «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), os tres publicados tamén en castelán, o libro de relatos «Elefante» (Xerais, 2018) e «A realidade» (Xerais, 2021). Coa súa incursión na narrativa infantil («Brais e os demais», 2010) foi finalista do Premio Frei Martín Sarmiento (2012). É autor dos poemarios «Calor» (1997), «Vostede non sabe con quen está a falar» (Premio Espiral Maior 2004) e «Os indios deixaron os verdes prados» (Premio González Garcés 2010). 

É autor, con Daniel Salgado, da crónica política «AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda» (2013). Sobre «O bosque é grande e profundo» (Xerais, 2013), a crítica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco Martínez Bouzas, blog «Novenoites»); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, «El Mundo»); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, «La Voz de Galicia»); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso"). Sobre «Elefante» comentouse que está «no ronsel do mellor Borges (...), nos ecos do Carver máis inquedante» (Armando Requeixo, «Diario de Ferrol»). 

Libros de MANUEL DARRIBA

Experimentos coa mentira (nco)
Experimentos coa mentira (nco)
Branco
Branco
Santa morte
Santa morte
Accidental
Accidental
O bosque é grande e profundo
O bosque é grande e profundo
ELEFANTE
ELEFANTE
A realidade
A realidade
Indios deixaron os verdes prados, os
Indios deixaron os verdes prados, os
Outonos espectaculares
Outonos espectaculares
(g).velada do billarista.(medusa)
(g).velada do billarista.(medusa)
Paf xarope
Paf xarope
(g).radiante.(chan da polvora)
(g).radiante.(chan da polvora)
Brais e os demais
Brais e os demais
Pedro o piloto de gaivotas
Pedro o piloto de gaivotas
A MIÑA VILA · LIÑA 15C · CABALGAR
A MIÑA VILA · LIÑA 15C · CABALGAR

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego