1. INICIO
  2. Autores
  3. FRANCISCO ROZADOS
Avatar de FRANCISCO ROZADOS

FRANCISCO ROZADOS

Forcarei , 1963
7 títulos
0 seguidores

Francisco Rozados Rivas, coñecido como Rochi, nado en Forcarei o 17 de febreiro de 1963, é un escritor e político galego.

Cursou os seus estudos primarios na escola Nosa Señora das Dores de Forcarei e no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos. O bacharelato realizouno entre o Seminario Menor de Santiago e o Colexio San Narciso de Marín. Con posterioridade estudou o grao de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se especializou en Historia Contemporánea (1981-1986). Foi axente de desenvolvemento rural e xerente dos programas europeos PRODER e LEADER + MONTES (1996-2010), que abrangueron as comarcas da Terra de Montes e de Tabeirós.

 No plano da actividade cultural fundou e coordinou a revista municipal Cotaredo (1998-2011) e o anuario cultural Metacios (2012-2014). Afiliado ao Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de cultura de Forcarei de 1999 a 2011. En 2013 abandonou a formación conservadora e fundou un partido de ámbito local chamado Foro Forcarei. Tamén colaborou en prensa nas edicións comarcais de La Voz de Galicia e Faro de Vigo coas seccións A miña fusadela e Ecos metacios respectivamente. No ano 2015 abandonou a política activa e dende 2019 traballa como ATC na empresa estatal Correos, actividade que alterna coa escritura e coas actividades audiovisuais.

Libros de FRANCISCO ROZADOS

(g).raiolas no faiado.(medusa)
(g).raiolas no faiado.(medusa)
Forcarei, historia fotográfica do século XX
Forcarei, historia fotográfica do século XX
O canteiro e o demo
O canteiro e o demo
Memoria trasdomonte
Memoria trasdomonte
O BESTIARIO MÁXICO DO ABADE ELISEO E OUTRAS NARRACIONS INSÓLITAS
O BESTIARIO MÁXICO DO ABADE ELISEO E OUTRAS NARRACIONS INSÓLITAS
LUMIÉRE DE NOS
LUMIÉRE DE NOS
A MIÑA VILA · LIÑA 15C · CABALGAR
A MIÑA VILA · LIÑA 15C · CABALGAR

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego