1. INICIO
  2. Autores
  3. JOSE LUIS GRAÑA MUIÑO
Avatar de JOSE LUIS GRAÑA MUIÑO

JOSE LUIS GRAÑA MUIÑO

A Coruña , 1955
5 títulos
0 seguidores

Cerdido (A Coruña), 1955. Profesional do ensino, amósase especialmente activo co alumnado no desenvolvemento de actividades relacionadas co ámbito escénico: contacontos, recitais poéticos, monólogos, representacións teatrais...

Ten publicado Cerdido: lingua e outras realidades, monográfico sobre o seu concello natal; a novela Converxencia na cor vermella, centrada nos efectos socio-económicos da chamada reconversión naval nas décadas dos 80 e dos 90 do século XX na zona de Ferrolterra; a obra de teatro Itinerario do botellón, invitación á reflexión, enfeitada de humor, sobre este grave problema social; A vida é dura antes dos 18, conxunto de relatos breves reveladores do mundo interior dos adolescentes; Verso plural, poemario variado en temáticas e estilos, axeitado para unha lectura en familia; Recortes de risa, conxunto de pezas dramáticas moi breves de carácter cómico, e Non son modos, obra de teatro na que conflúen temas diversos entre os que salienta a saúde mental.

É autor, tamén, da adaptación teatral de Mar adiante, obra narrativa homónima de María Victoria Moreno.

Libros de JOSE LUIS GRAÑA MUIÑO

VERSO PLURAL
VERSO PLURAL
Recortes de risa
Recortes de risa
A VIDA  DURA ANTES DOS 18
A VIDA  DURA ANTES DOS 18
NON SON MODOS
NON SON MODOS
ITINERARIO DO BOTELLÓN
ITINERARIO DO BOTELLÓN

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego