1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO
Avatar de XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO

XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO

Santiago de Compostela , 1936
12 títulos
0 seguidores

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e economista galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Foi membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova). Impulsou coalicións electorais con representación parlamentaria como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional estivo á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de importantes figuras do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE (PSdeG-PSOE) como Emilio Pérez Touriño ou Abel Caballero e en 1999 pediu a excedencia como docente. En 1976 foi escollido membro de número da Real Academia Galega, mais renunciou ao cargo en 1986 sen chegar a tomar posesión do mesmo.

En 2022 foi premio Luís Porteiro Garea da USC polo seu “labor activo a prol da lingua galega”.

Libros de XOSÉ MANUEL BEIRAS TORRADO

Prosas de combate e maldicer
Prosas de combate e maldicer
O ATRASO ECONÓMICO DE GALIZA
O ATRASO ECONÓMICO DE GALIZA
EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA
EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA
Nuredin o taxista e Amedine o pintor.
Nuredin o taxista e Amedine o pintor.
O atraso económico de Galiza -4ªEd.
O atraso económico de Galiza -4ªEd.
Prosas de combate e maldicer (2ª Ed.)
Prosas de combate e maldicer (2ª Ed.)
Retratos en fite
Retratos en fite
A DESFEITA
A DESFEITA
O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
Exhortación a desobediencia
Exhortación a desobediencia
O proxecto comun da nación galega
O proxecto comun da nación galega
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego