1. INICIO
  2. Autores
  3. MANUEL LOURENZO
Avatar de MANUEL LOURENZO

MANUEL LOURENZO

Ferreira de Valadouro , 1943
16 títulos
0 seguidores

Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. 

Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... 

É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).

Libros de MANUEL LOURENZO

Contra o vento. 30 anos do premio garcia barros
Contra o vento. 30 anos do premio garcia barros
O día despois do día
O día despois do día
Mundo Arb
Mundo Arb
A leiteira
A leiteira
NUNCA PARAíSO
NUNCA PARAíSO
SUITE ARTABRIA
SUITE ARTABRIA
(g).forno teatro fantastico/teatro
(g).forno teatro fantastico/teatro
(g).traxicomedia do vento de tebas namorado dunha forca
(g).traxicomedia do vento de tebas namorado dunha forca
Gravuras de Contos do Valadouro
Gravuras de Contos do Valadouro
Defensa de helena
Defensa de helena
Tres versions
Tres versions
(G) CONTOS DO VALADOURO
(G) CONTOS DO VALADOURO
NOVO TEATRO FANTASTICO
NOVO TEATRO FANTASTICO
CONTOS DO SACAUNTOS. ROMASANTA O VAGABUNDO
CONTOS DO SACAUNTOS. ROMASANTA O VAGABUNDO
Flores de Dunsinane
Flores de Dunsinane
Medea dos fuxidos e outras pezas
Medea dos fuxidos e outras pezas

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego