1. INICIO
  2. Autores
  3. XULIO PARDO DE NEYRA
Avatar de XULIO PARDO DE NEYRA

XULIO PARDO DE NEYRA

Lugo , 1968
11 títulos
0 seguidores

Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.

Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.

Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.

Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.

Libros de XULIO PARDO DE NEYRA

A monxa e o grumete
A monxa e o grumete
Intensa e quente é a túa humidade azul
Intensa e quente é a túa humidade azul
O ABECEDARIO NO PAÍS DAS ALVARIZAS
O ABECEDARIO NO PAÍS DAS ALVARIZAS
OS ROSTROS DO FRÍO
OS ROSTROS DO FRÍO
A cor áspera do veludo
A cor áspera do veludo
Literatura de sereas
Literatura de sereas
Orixes Da Literatura Infantil Galega
Orixes Da Literatura Infantil Galega
(g).vicente risco e a invencion literatura infantil galega
(g).vicente risco e a invencion literatura infantil galega
A SOMBRA DE MARÍA SILGAR
A SOMBRA DE MARÍA SILGAR
Lugo: cultura e república
Lugo: cultura e república
Os cabaleiros petan nas portas da literatura
Os cabaleiros petan nas portas da literatura

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego