Raquel Miragaia Rodríguez, nada en Tardade (Vilalba) en 1974, é unha escritora galega.
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de lingua castelá desde o 2000, deu clase no IES número 1 da Estrada, IES Leliadoura de Ribeira, IES Virxe do Mar de Noia, no I.E. Giner de los Ríos en Lisboa e actualmente traballa no IES do Milladoiro en Ames.
Ten participado en revistas e xornais como Mealibra (Portugal), Agália, Novas da Galiza ou Cuadernos de Pedagogía.
e descubre todas as novidades do libro en galego