1. INICIO
  2. Autores
  3. LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO
Avatar de LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

Ribadeo , 1961
7 títulos
0 seguidores

Lourenzo Fernández Prieto, nado en Vilagoíz (A Devesa, Ribadeo) o 28 de maio de 1961, é un historiador galego. En 2021 foi elixido membro da Real Academia Galega, pasando no 2023 a ser membro de número.

É catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005. Foi secretario do IDEGA entre 1992 e 1995 e pertence ao seu Consello Científico. Elixido en varios períodos, desde 1986, membro do Claustro e da Xunta de Goberno da USC, así como do Consello Universitario de Galicia. Vicerreitor de relacións institucionais da USC entre 2007 e 2010. Na actualidade é director do departamento de Historia Contemporánea da universidade compostelá e membro do consello de administración da Editorial Galaxia. Colabora habitualmente en diversos medios de comunicación do país.

Especializado en Historia agraria e Historia do século XX, os seus ámbitos principais de traballo refiren á mudanza tecnolóxica, as mudanzas na sociedade rural contemporánea e a política da memoria.

Libros de LOURENZO FERNÁNDEZ PRIETO

Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incomodo
Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incomodo
A memoria, a historia e a política
A memoria, a historia e a política
Labregos con ciencia
Labregos con ciencia
Ingenium
Ingenium
Facendo historia con memoria
Facendo historia con memoria
A represión franquista na comarca da Coruña
A represión franquista na comarca da Coruña
Terra e progreso
Terra e progreso

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego