Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas, en 2013 o Consello da Cultura Galega convocou o Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, que se celebrou na sede da institución en…
Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria.
Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego