1. INICIO
  2. > Libros
  3. > ELVIRA
ELVIRA

ELVIRA

Lucía Cobo
0 veces listado

Que pode facer unha avestruz coas súas ás Pode brincar, aplaudir, saudar, apertar, tocar pero Elvira quere algo máis Con este álbum ilustrado para cativos, queremos achegar a historia de Elvira. Unha pequena avestruz que a pesar de ter multitude de cualidades, o que quere ela é poder voar. Fermosa…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
ANTELA EDITORIAL
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4093-3068-3
EAN
9788409330683
Formato
TAPA DURA
Avatar

Lucía Cobo

Ver autor

Filla dun libreiro e dunha mestra, creceu amando os libros. Aínda que estudou enxeñaría, sempre soubo que a súa paixón eran as artes visuais e o deseño.

Despois de traballar como deseñadora gráfica, obtivo o título de Técnica Superior en Ilustración pola Escola de Artes Plásticas da Coruña, onde reside.

En 2013 completou o Máster en Libros Infantís Ilustrados impartido pola Escola IconI.

En 2014 recibiu unha Mención de Honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración (México).

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Que fácil é caer vítima do grupo de iguais e intentar facer o mesmo cós demais intentando ser coma eles esquecéndonos de ser nós mesmos ou de cultivar as nosas virtudes, por moito que sexan diferentes ás do resto. Iso é o que lle pasa á nosa Elvira. Neste álbum ilustrado de Lucía Cobo publicado por Antela Editorial atopamos a este pitiño de avestruz que non contento con que súa nai teña as ás máis grandes ou ela mesma poida xogar ao baloncesto ou tocar música coma ninguén, segue coa teima de voar coma o resto de aves da súa escola. Por sorte sempre conta con súa nai que a ampara agarimosamente tras cada desencanto. Un álbum ilustrado ideal para ir aprendendo que ser igual cós demais non é sempre o mellor e que ser un mesmo pode ser a mellor das ideas. Bonitos textos, breves e cunha tipografía fácil de ler para os lectores que se inicien, pero o mellor son as ilustracións: todas esas aves variadas para ir aprendendo os seus nomes, esa mamá avestruz tan agarimosa (sempre co seu colar de perlas, iso si). Imposible non collerlle cariño a Elvira. Precioso libro!

Outros libros de Lucía Cobo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego