Un libro con ilustracións en branco e negro para falar de cores? Pois si, isto é o que atopamos nesta proposta de Gustavo Roldán, A cor dos sentidos (Bululú). Como vemos as cores cos ollos tapados? Só podemos facelo se lle botamos imaxinación, algo do que este orixinal libro ten moito. En cada páxina par temos sobre fondo negro unha proposta sobre o de atopar cada cor. Á dereita,.nas páxinas impares unha ilustración en branco e negro que nos leva a cada lugar. Unha invitación a buscar novas cores, outros elementos das propostas, a facer un debuxo alternativo... en definitiva, a poñer a voar a imaxinación. Unha perfecta invitación aos prelectores e prelectoras para que vaian poñendo palabras ao mundo da cor, ou ben cores ao mundo da palabras, que vén sendo o mesmo. Moi bo todo o traballo da tradución e edición máis aló do do propio texto, sumamente suxestivo. Un libro ideal para bibliotecas con usuarios en educación infantil.
e descubre todas as novidades do libro en galego