Como sinala o título, Caídas (VI Premio Xohana Torres, modalidade de Ensaio) é un achegamento ao funcionamento en Galicia do Patronato de Protección a la Mujer, a institución franquista que entre 1941 e 1985 internou en institucións relixiosas a miles de mozas por térense afastado do modelo único de
Montse Fajardo Pérez, nada en Vilagarcía de Arousa o 27 de abril de 1973, é unha xornalista e escritora galega.
É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un mestrado en Dereito das Administracións e Institucións Públicas. Traballou en O Salnés Siradella, Radio Ames, Diario de Arousa e Faro de Vigo, e colabora en programas de radio.
De 2013 a 2021 coordinou o equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. De 2021 a 2023 foi técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra.
e descubre todas as novidades do libro en galego