«Volve Esquío para aprender sobre o verán acompañado do seu fiel amigo Paxaro!» O sol desapareceu! Quen llo levou Esquío comeza unha investigación en busca de quen é o ladrón de sol mentres Paxaro, pacientemente, tenta axudarlle a buscar a solución. Cal será a verdade que se oculta detrás de todo
Autora de libros para nenos de todas as idades, con máis de 50 libros publicados en todo o mundo. Traballou como bibliotecaria, editora web e xerente de extensión dunha universidade. Debuxar e escribir foi tan só un pasatempo, ata que tivo fillos, polo que deixou o seu traballo a tempo completo e comezou a ter ideas e a escribilas. Publicou o seu primeiro libro ilustrado e 2013 e non parou desde entón. Ademais de escribir, encántalle visitar colexios para compartir o seu traballo e xestiona talleres literarios
e descubre todas as novidades do libro en galego