Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
“Cadernos da desmemoria, poliédrico frontispicio de vez, ofrécenos 50 poemas tallados nunha rica e complexa linguaxe, entre culta e popular, nos que sobrancean temas como a rememoración e a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto, todo tinguido de certo malditismo vital e…
“Cadernos da desmemoria, poliédrico frontispicio de vez, ofrécenos 50 poemas tallados nunha rica e complexa linguaxe, entre culta e popular, nos que sobrancean temas como a rememoración e a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto, todo tinguido de certo malditismo vital e inserido nunha estrutura complexa. O seu estilo é quer simbólico, quer referencial mais profundamente elexíaco, cargado dunha ferinte melancolía, que utiliza para reflexionar sobre a vida e a existencia. Poesía introspectiva pero vitalista, cargada de experiencias persoais, discursivamente complexa e brillante, densa e mesmo hermética, feita de imaxes fragmentadas e inestábeis, e comprometida coa liberdade e a resistencia persoal e intelectual. Pese á súa crueza poética, mantén un alto nivel de lirismo e beleza que busca transformar a nosa experiencia lectora”.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro