Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Os Contos de Moi segue as aventuras de dous misteriosos viaxeiros na Galicia do século XII, onde os seus camiños se cruzan cos de personaxes históricos como Diego Xelmírez ou a raíña dona Urraca, e tamén cos de personaxes do rico folclore galego, como mouros, trasnos e lavandeiras. Navegando este…
Os Contos de Moi segue as aventuras de dous misteriosos viaxeiros na Galicia do século XII, onde os seus camiños se cruzan cos de personaxes históricos como Diego Xelmírez ou a raíña dona Urraca, e tamén cos de personaxes do rico folclore galego, como mouros, trasnos e lavandeiras. Navegando este lugar e momento histórico tan únicos e específicos, os protagonistas desta novela tamén enfrontan temas universais como o amor, o desamor, a sexualidade, os medos, a soidade, a amizade, a familia, a morte, a migración, o retorno e o paso da infancia á vida adulta.
A historia estrutúrase dun xeito que permite ó lector diferentes posibilidades na orde de lectura dos capítulos, revelando simultaneamente tanto as fazañas actuais dos protagonistas como as súas misteriosas orixes na súa terra natal de Neda.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro