Teño entre as mans o último poemario de Ana Barral Rodríguez, Cando as borrascas non tiñan nome, que atopamos publicado en Medulia. Son estes poemas diversos en estilo, lonxitude e temática pero todos eles móvense arredor da vida, do paso do tempo e da convivencia desa nena que foi e a muller que é hoxe o eu lírico. Bonitas imaxes da natureza e do mundo rural, cantos topónimos e lugares da chaira, unhas sensacións moi conseguidas e, para mí, retrata un pasado que en moitos casos comparto con ela. Ese mundo tan diferente da infancia de hai uns anos respecto ao actual e choca ese contraste. Vemos moito tributo a autores e autoras da nosa literatura, de Díaz Castro a Xela Arias ou Olga Novo. Tamén a autores non galegos e, curiosamente a Santiago Pemán coas súas frases que marcaron toda unha época nese nexo co mundo da borrasca. Gústame o tratamento do paso do tempo, ese inevitable compañeiro que vai mermando o noso ser e os nosos recordos: Perdemos soños, despois perdemos lembranzas de soños; despois perdemos lembranzas. Despois perdemos o despois. Unha preciosa lectura

e descubre todas as novidades do libro en galego