1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A NENA LECTORA
A NENA LECTORA

A NENA LECTORA

Manuel Rivas
0 veces listado

«Aurora achegouse e abrazoume. Detrás dela había un grupo de mulleres. Presentoumas: ''Son a miña cuadrilla de cigarreiras. Traballamos xuntas na fábrica. Ti farás que soñemos mentres traballamos.'' Agora ese ía ser o meu oficio. O de nena lectora.» Entre finais do século XIX e comezos do XX a…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4111-0001-4
EAN
9788411100014
Formato
TAPA DURA
Avatar

Manuel Rivas

Ver autor

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.

Valoracións das lectoras e lectores
4.3
3 valoracións

5 estrelas

33%

4 estrelas

67%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Neste libro infantil ambientado na fábrica de tabacos da Coruña durante a década de 1920, Manuel Rivas relátanos unha historia na que a lectura ten un protagonismo especial. A nena lectora é unha breve novela na que a protagonista, Nonó, é filla dunha familia humilde; seu pai é trapeiro e a nai misteira na fábrica de tabaco. Van vivindo aproveitando os refugallos que atopa o pai e Liberto, o seu irmán vese perseguido por opoñerse á guerra de África. El vese obrigado a emigrar para evitar a persecución e Nonó ten a oportunidade de ocupar a súa praza na escola pero esta non está preparada para recibir nenas polo que asistirá vestida de neno. A lectura é a súa pasión e, tralo falecemento de súa nai de tise polas malas condicións da fábrica, ela alegrará con historias a vida das cigarreiras e misteiras alí empregadas. Un precioso relato para situarnos nunha época que, pese a non ser tan afastada do presente, está moi esquecida. Axuda moito o texto explicativo final (que se cadra non estaba de máis ler antes de comezar o libro) que nos sitúa perfectamente e permite entender ben o contexto. Os textos de Manuel Rivas son preciosos, o argumento moi logrado dentro da súa brevidade e as ilustracións de Susana Suniaga perfectas para conseguir a ambientación que pide a historia. Non se pode pedir máis!

Outros libros de Manuel Rivas

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego